CxG aspira a representar a máis dun millón de galegos e galegas nas municipais do vindeiro mes de maio

TerraChaXa | AMariñaXa
Compromiso Por Galicia estará presente en concellos galegos que suman a máis dun millón de galegos e galegas nas candidaturas ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio.
26 Apr 2019
Compromiso Por Galicia estará presente en concellos galegos que suman a máis dun millón de galegos e galegas nas candidaturas ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio. O Secretario Xeral da formación galeguista, Juan Carlos Piñeiro, deu a coñecer as cifras á vez que destaca a firme aposta da súa formación “por xestionar os recursos desde a cercanía e aportando solucións aos problemas reais da xente”. “As nosas candidaturas están dirixidas por persoas cercanas aos veciños e veciñas, que coñecen a realidade dos concellos e van a sumar con candidaturas transversais que potencien a participación cidadá”, declara Piñeiro.
CxG está deste xeito presente practicamente na totalidade das cidades galegas e optará a representar a un arco de poboación que se achega á metade dos habitantes da comunicade galega, abarcando máis dun millón trescentas mil persoas. Os galeguistas incrementan notablemente deste xeito a súa representación nos municipios de Galicia e figurarán en poboacións significativas como Vigo, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Xinzo de Limia, Fene, Pontevedra, A Estrada, Lalín, Ribeira, Carballo, Muros, Ames, Teo, Rianxo, Sarria, Burela, Foz, Viveiro ou Ribadeo. Neste sentido Piñeiro reafirmou a entrega sen fisuras dos seus alcaldables a “un proxecto común de País. Onde os veciños e veciñas sintan cada vez máis preto de seu os gobernos locais e se unan dun xeito solidario e participativo para facer xuntos que Galicia medre”.
Pontevedra é provincia na que as candidaturas de Compromiso Por Galicia abarcan a un maior número de habitantes con cerca do medio millón, mentres que Ourense e A Coruña é onde máis candidaturas presentan. Todo un reto para a formación galeguista, con clara vocación europeísta, que perfila tamén a súa presenza nas eleccións europeas, ás que concurrirá con seu Secretario Xeral Juan Carlos Piñeiro como parte da candidatura 'Coalición por unha Europa Solidaria', en suma co PNV, Coalición Canaria, Geroa Bai, Plataforma pelas Illes e o Partido Demócrata Valenciano.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.091164112091064