Damil celebra o sábado a churrascada de San Salvador
TerraChaXa
Os veciños de Damil festexan este sábado unha churrascada na honra a San Salvador tal e como veñen facendo nos últimos anos.
19 Ago 2022
Os veciños de Damil, en Begonte, festexan este sábado, día 20 de agosto, unha churrascada na honra a San Salvador tal e como veñen facendo nos últimos anos.
A xornada comezará cunha sesión vermú amenizada por Verónica Cambón, xusto antes do xantar, que terá lugar no campo da festa.
Pola tarde terá lugar o tradicional campionato de tute e pola noite volverán xuntarse no campo da festa para cear. Rematarán a xornada cunha verbena amenizada de novo por Verónica cambón.
Como todo os anos, haberá sombreiros á venda para colaborar coa festa.