Damil suspende a romaxe pero mantén a celebración relixiosa
TerraChaXa
A capela de San Vitorio, en Damil, acollerá o domingo 16, ás 13.00 horas, unha celebración relixiosa como único acto da súa romaxe.
9 Maio 2021
A capela de San Vitorio, na parroquia begontesa de Damil, acollerá o vindeiro domingo 16, ás 13.00 horas, unha celebración relixiosa como único acto da súa tradicional romaxe, que non se celebrará este ano debido á pandemia.
Esta celebración concentra todos os anos, centos de fieis.
A misa terá lugar ás 13.00 horas e nela respectaranse todas as medidas de seguridade.