Dani Blanco actúa a próxima semana na biblioteca de Vilalba

TerraChaXa
Ademais, os asistentes terán a oportunidade de participar no Reto Lector 2025
dani-blanco-biblioteca-vilalba
22 Jan 2025

O próximo xoves, 30 de xaneiro, ás 17:30 horas, a Biblioteca Municipal de Vilalba será o escenario dun espectáculo único cheo de maxia e diversión para todas as idades. Dani Blanco sorprenderá con malabares de pelotas, libros, números imposibles, equilibrios, clown, música e moito máis.

Ademais, os asistentes terán a oportunidade de participar no Reto Lector 2025, dispoñendo das cartillas necesarias para sumarse a esta iniciativa literaria.

As persoas que desexen participar xa poden reservar a súa praza nesta actividade a través desta ligazón.

0.16733813285828