Daniel Vega pon en valor o investimento para a contratación de 14 desempregados en Ribadeo
Daniel Vega pon en valor o investimento de máis de 102.000 euros para a contratación de 14 persoas desempregadas en Ribadeo.
Ás axudas para a contratación de cinco peóns coa achega de máis de 65.000 euros con cargo ao programa de contratación da Risga e á dunha persoa máis grazas a máis de 13.000 euros do Aprol Rural; hai que sumar o seu apoio para a contratación de oito socorristas, un máis que na pasada temporada, durante un período de dous meses cunha achega de 24.000 euros.
O popular indica a importancia de “dotar de vixilancia aos nosos areais pensando na seguridade dos usuarios das praias ribadenses” e sinala que se trata dunha acción “positiva para Ribadeo tendo en conta que o noso é un municipio turístico”. É, pois, “un sinal do apoio da Xunta ao sector turístico” ao mesmo tempo que “demostra o traballo coordinado que está a desenvolver a Administración autonómica coas distintas administracións locais ás que dota de orzamento para a contratación de persoal. Neste caso concreto, a contratación de oito socorristas”.
Vega recorda que “invistese en cada un dos concellos da nosa comarca e, neste caso, no de Ribadeo”. Así, ademais de colaborar na contratación de profesionais que velen pola seguridade dos bañistas e visitantes das praias de Ribadeo, esta nova achega do Goberno galego “permitirá a contratación de oito persoas en situación de desemprego durante un período de dous meses” que se suman á contratación doutras seis persoas con cargo ao Aprol Rural e unha da contratación Risga”.