Daniel Vega xestiona o orzamento para a campaña de Ribadeo como destino seguro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O voceiro do Grupo Municipal de Ribadeo, Dani Vega, xestiona orzamento para a campaña de Acisa para promocionar Ribadeo como destino seguro, e que foi presentada xa.
Sabela RTVE
27 Xul 2020

O voceiro do Grupo Municipal de Ribadeo, Dani Vega, xestiona orzamento para a campaña de Acisa para promocionar Ribadeo como destino seguro, e que foi presentada xa. Deste xeito, os populares continúan na senda de seguir “sumando e traer máis servizos e proxectos que beneficien á vila”. 

“Son momentos de estar unidos e de seguir coa colaboración institucional, deixando de lado os criterios partidistas. Xa o fixemos coa entrega do material sanitario e agora damos un paso máis apoiando esta campaña”, manifesta o popular.

A este respecto, Dani Vega lamenta que este “espírito colaborador” non exista noutros partidos políticos. É o caso do alcalde nacionalista que, “asustando a veciños e visitantes, o que tivo consecuencias no tecido económico da vila, utilizou termos como que isto ia ser unha carnizaría e medios nacionais para facer unha campaña de meter medo por un mero cálculo electoral e non pensando nos nosos veciños e moito menos no tecido económico local”, engade.

Pola contra, advirte, “nós estamos centrados en seguir xestionando orzamento e paliar os efectos do coronavirus; primeiro, coa entrega de EPIs e, agora, con esta campaña”. “Seguimos, por tanto, defendendo, que, nestes momentos, o que debe haber é menos confrontación e máis traballo e ideas”, conclúe.

0.20375084877014