Darase unha charla informativa en Begonte sobre produtos de apoio

O Centro de Día de Begonte, dentro do seu proxecto Escola de Coidadores, e en colaboración co Concello de Begonte convidan aos veciños da localidade a unha charla informativa sobre produtos de apoio para a vida diaria.
A actividade terá lugar na Casa da Cultura de Begonte o venres 17 de abril, ás 16:00 horas, e estará a cargo de Mónica Fernández Poupariña, especialista en axudas técnicas. Contarase, ademais con demostracións en vivo dos usos que pode darse aos productos.
Todo posible interesado pode inscribirse chamando ao teléfono 687 056 194 ou ao 982 398 004.