David Guapo achega a Vilalba #Quenonosfrunjanlafiesta
David Guapo presenta en Vilalba o seu monólogo titulado “#Quenonosfrunjanlafiesta” e que foi espectáculo con máis éxito no ano 2015. Unha aposta segura donde o humor, a música e a improvisación mézclase nun show único para todos os públicos que se desenvolverá o domingo 12 de novembro ás oito e media do serán no auditorio municipal Carmen Estévez.
David Guapo foi o monologuista revelación no ano 2011 na súa aparición no “Club de La Comedia” e, desde entonces, é considerado un dos mellores monologuistas nacionais. Ademáis, tamén participou no programa referente da sobremesa en canto ao humor, “Sé Lo Que Hicisteis”, onde se acabou de consolidar como unha das novas caras da televisión a nivel nacional.
Son máis de catro anos no mundo da televisión, sempre ao máis alto nivel da comedia: Buenafuente, El Hormiguero, Nuevos Cómicos de Paramount Comedy, aínda que levan más de 10 anos actuando en directo, onde sempre sorprende con material inédito. David Guapo presenta o seu novo monólogo titulado “Quenonosfrunjanlafiesta” e unha aposta segura onde o humor, a música e a improvisación se mesturan nun espectáculo único para todos os públicos.
As entradas pódense adquirir por un prezo de 15 euros na Casa da Cultura e tamén a través de ataquilla.com. O propio día da función na billeteira do auditorio terán un prezo de 18 euros.