David Perdomo actúa en Begonte o día 20

TerraChaXa
O Concello de Begonte continúa coa programación cultural de verán coa actuación de David Perdomo, coñecido humorista galego.
monologo david perdomo portada
monologo david perdomo portada
14 Ago 2022

O Concello de Begonte continúa coa programación cultural de verán coa actuación de David Perdomo, coñecido humorista galego, que presenta o seu novo monólogo.

A actuación terá lugar o 20 de agosto, a partir das 21-30 horas no club fluvial de Begonte, con entrada gratuíta para todos os asistentes.

Músico, actor e guionista, David Perdomo (A Coruña, 1980) é un dos nomes imprescindibles do humor en Galicia, e aínda que a súa fama inicial débella á súa creación do ‘koruño’, demostrou con fartura ser moito máis que ese personaxe que tamén lle abriu as portas en Madrid. Aos seus corenta anos, Perdomo, amante das tatuaxes e o escuro, e cun mundo interior “moi rico”, asegura sentirse nun momento vital moi feliz. Atrás quedan as súas intervencións en programas de televisión e os seus directos da internet xunto ao seu gran amigo Xosé A. Touriñán durante o confinamento, para gozar intensamente dunha etapa chea de proxectos, convencido de que “cando xeras enerxía bonita, o mundo acaríñache”.

0.1512451171875