David San Emeterio gaña o V Concurso de Redacción Xornalística Mariña Folgueira

TerraChaXa
Na categoría de Segundo Ciclo de Primaria a gañadora foi Carla Díaz Marcos, estudante de 3.
9 Ago 2019

Na categoría de Segundo Ciclo de Primaria a gañadora foi Carla Díaz Marcos, estudante de 3.o de Primaria do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora. No terceiro ciclo a merecedora do premio foi Alma Blanco Cortés, estudante de 6.o de Primaria do CEIP Rosalía de Castro de Lugo.

Amais de David, en Secundaria, Fernando Vilabrille, do IES Fontem Albei da Fonsagrada impúxose no segundo ciclo.

Formaron parte do xurado avaliador do concurso profesionais recoñecidos do sector da comunicación e da docencia, todos eles amigos de Mariña Folgueira, veciña de Reigosa homenaxeada neste acto. Os xornalistas Xosé María G. Palmeiro, Xosé Soengas e Ernesto Sánchez Pombo xunto cos profesores Bernardo Penabade e Baldomero Iglesias foron os encargados de seleccionar os catro nomes de entre o cento de traballos presentados.

Todos os nenos premiados levarán como recoñecemento un diploma, un lote de libros e unha tablet. O centro do alumno máis votado, neste caso o IES Sanxillao de Lugo, tamén recibirá a escultura Peiteando o porvir do lucense Luís Loureira, unha peza de madeira de nogueira e ferro esmaltado e pintado.

A asociación veciñal de Reigosa agradecerá a alta participación agasallando os non premiados cun libro.

O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro 16 de agosto, ás 16:30 h, no Centro Sociocultural Mariña Folgueira de Reigosa (A Pastoriza).

0.14607191085815