De hoxe nun ano
Esta semana cúmprese un ano da estrea na igrexa dos Vilares do documentário ENTRAR AOS VILARES, realizado por Cibrán Tenreiro, Xacobe González e Toni González por encargo do colectivo Os Vilares, lareira de soños.
Desde aquela, foron moitas as localidades que en museos, centros sociais, asociacións, festivais e aulas visionaron este filme rural sobre a parróquia vilarega de Diaz Castro. A película, que acompañará ao aguardado libro de Pas Veres, cumpreu sobradamente o seu objectivo e sigue a proxectarse por todo o país dando a coñecer as peculiaridades dunha parróquia do rural chairego a través da testemuña dos seus veciños verdadeiros protagonistas do mesmo e grandes responsáveis de que tivera saído adiante Sen recursos nin axudas económicas.
Non trata de Díaz Castro pero conxuntamente co libro de Pastora, complementa se leva escrito e gravado sobre o poeta e do espazo é tempos vivenciais de Pepe do Vilariño. Desde aquel 2014 histórico para Guitiriz e a Terra Chá con recoñecemento a unha das máis grandes figuras literarias de Galiza, a parroquia vilarega ten creadora, a través da Lareira de soños o premio Trapeir@ de Honra, un certame de micro poesía, un grupo poético, NPG Nova Poesia Guitirica, numerosos actos culturais, exposicións demandas de recuperación do patrimonio histórico e etnográfico, investigación para a recuperación da memoria a través de testemuñas, fotos, documentos e gravacións, e neste ano que está ás portas, encetamos o quinto de existencia coa edición definitiva do libro pero tamén con unha nova exposición, publicación é documentario adicados ao Armeiro de Berulfe e continuamos na demanda da restauración e posta en valor dos frescos da igrexa do século XV e da escola da Conchada, na que estudou Diaz Castro de cativo entre outras actividades.
Un traballo comunal, como sempre se fixeron as cousas nun rural que existe e resiste. De hoxe nun ano...
Antón Tenreiro