De PanZ a Voladura

TerraChaXa
Hai moita creación musical e artística en xeral na contorna da Chaira, e unha delas é o grupo de música Voladura, que xurdiu fai anos nun garaxe de Meira.
20190721_000038
17 Mar 2020

Hai moita creación musical e artística en xeral na contorna da Chaira, e unha delas é o grupo de música Voladura, que xurdiu fai anos nun garaxe de Meira.

Os seu compoñenetes Loxo, guitarra e voz; Adri Folgueira, na guitarra; Andrés, na batería; Adri B., ao baixo, e Suso, coa voz, xa se coñecían do colexio ou dende hai anos, o que fai que formaran unha piña e que se entenderan mellor á hora de tocar.

Aínda que aos compoñentes do grupo lles gustan xéneros diferentes síntense moi cómodos co rock e as súas diferentes vertentes.

“Cando tes 18 anos e che gusta a música non hai nada que che apeteza máis que montar un grupo”, relata Suso.

Lembran as primeiras ocasións nas que se xuntaban a tocar con moito agarimo, nas que Andrés e Adri Folgueira comezaron no garaxe de Andrés na Veigadorta, en Meira. “Había unha batería básica e un ampli de estes de promoción que había que poñer inclinado cara a batería para escoitar algo”. O primeiro que tocabamos era traizoeiras versións dos Suaves, Siniestro Total, Offspring, AC/DC, e Heredeiros da Crus.

Comezaron tocando no garaxe de Andrés pero decidiron mudarse a un local propio nun piso en obra. Alí foron dando forma ás primeiras cancións, das que algunha dura ata hoxe, e a uns primeiros grupos, Katiuskas, Os Pistolas... cos que nunca chegaron a tocar en vivo. Tamén nesta época contaban con Alex á guitarra e con Antía, que tocaba  o fagot. Logo xa co nome de PanZ deron algúns concertos, alá por 2012 e 2013. “E xa un par de anos despois chegou Voladura como tal e coa mesma formación seguimos”.

A súa música é rock, no máis amplo termo da palabra porque cada un deles según de quen parta a composición, pode crear algo máis punki, algo máis duro ou con toques máis clásicos... As cancións son case todas creacións propias e case todas en galego, nas que xogan con versións nos concertos para dar renda solta ao público.

A primeira actuación, para a que tiveron que facer memoria, foi nas Merendas de 2016 no parque de Meira. Naquel momento arrincou oficialmente Voladura e comezaron a ter algo máis de actividade en vivo. Como PanZ, debutaran no Feliziano Rock no pub Omega en 2012, “un guateque ben chulo” lembran.

Tamén recordan con especial agarimo a súa actuación no Festival da Chaira 2019 porque “contar cuns medios técnicos como os do festival e cun escenario dese nivel non é habitual para nós. Tocar en Meira e arredores é sempre moi especial”.

Nestes anos estiveron movéndose sobre todo pola provincia de Lugo, e tamén tocaron en Ourense, pero teñen ganas de chegar a máis rincóns de Galicia, “estaríamos encantados se nos chaman de máis sitios”.

Agora neste 2020 sacarán un EP con 6 temas, que foi a primeira vez que gravaron nun estudio, o que é dicir, un seudo directo no Cine Alovi das Pontes, con Paco Jarel.

Con está pequena produción quedaron moi contentos e esperan que sirva para ter unha carta de presentación que ensinar e que lles axude a conseguir máis bolos.

Eles queren contribuír á creación musical da Chaira pero din que “é necesario que se lembren dos grupos que fan música propia, e sobre todo dos grupos pequenos. Xa se sabe que é máis arriscado que programar versións ou contratar a coñecidas orquestras pero é necesario para potenciar a riqueza cultural e creativa”.

Voladura
VOLADURA_015
0.25301194190979