Debares organiza un concurso de disfraces o luns

O colectivo De Bares, Asociación de Hostalaría de Guitiriz convoca un concurso de disfraces con motivo do Entroido.
Será obrigatorio para participar que os concursantes visiten a todos os locais participantes, que son Zeus, Soa, Galo, Titanic e Checo.
O premio para a comparsa gañadora é de 400 euros e haberá un segundo de 300 e un terceiro de 150 euros. Tamén se repartirán dous premios para individuais e parellas, un de 100 euros e outro de 50.
Os gañadores anunciaranse o martes 17 nas redes sociais.