Decembro contará con dous bailes no Centro Cultural de Vilalba os domingos

TerraChaXa
As citas, que terá lugar a partir das 17.00 horas, serán este 7 de decembro e o 14
bailes-de-nadal-vilalba
6 Dec 2025

Presentaron unha nova cita cos bailes mensuais de primeiros de mes, que o Concello celebrará este domingo, 7 de decembro, no Centro Cultural, como vén sendo habitual.

Este domingo, o baile estará amenizado polo dúo Venus e se desenvolverá tamén desde as 17:00 horas ata as 20:00. Ademais, haberá un novo sorteo gratuíto.

Ademais, debido á celebración do Nadal, haberá unha segunda sesión o día 14 de decembro, nesa sesión coa música do dúo Dilema.

A seguinte sesión será o 4 de xaneiro coa música do dúo Eclipse.

“Cremos que este tipo de eventos son fundamentais para dinamizar o noso municipio e para brindarlle ás persoas máis maiores unha oportunidade de socializar, pasar unha tarde divertida e manterse activos”, explicou a rexedora vilalbesa, Marta Rouco.

 

⚙ Configurar cookies
0.076241016387939