Declarado deserto o Premio Xermade na Historia

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade, en sesión ordinaria adoptou, entre outros, o acordo de declarar deserto o XI Premio Xermade na historia, ao non presentarse ningún traballo dentro do prazo habilitado ao efecto.
A data límite de presentación dos traballos foi o 21 de febreiro.
Desde a Asociación de veciñas de Cabreiros, a Universidade de Santiago de Compostela, e o Concello de Xermade, organizacións convocantes, "considérase de grande importancia a execución de actividades relacionadas coa cultura, a historia, tradicións no noso municipio, polo que traballaremos pola continuación do premio de investigación sobre Xermade, para potenciar o patrimonio etnográfico e cultural do municipio".