Defensa persoal e artes marciais esta fin de semana en Cervo

TerraChaXa | AMariñaXa
22 Mar 2019

O sábado 23 pola tarde, na Casa do Mar de Cervo, terá lugar un seminario de defensa persoal, no que hai inscritas unha trintena de mulleres.
Trátase dunha actividade gratuíta programada pola delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada.
Ademais, esta fin de semana, o venres 22 pola tarde, o sábado 23 todo o día, e o domingo 24 pola mañá, tamén se celebra no Pavillón do CEIP Península da Paz, un curso nacional de artes marciais (Aikijujutsu Kobukai) impartido por Jan Janssens, alumno directo do Gran Mestre Minoru Mochizuki; organizado por Miguel A. Rojo.

0.12174201011658