Degustación de produtos de Castro do 2 ao 5 de novembro durante as xornadas 'Castronomía de Outono'

TerraChaXa
Ata dez establecementos hostaleiros de Castro participan nas xornadas de degustación 'Castronomía de Outono' que se desenvolverán entre o venres 3 e o domingo 5 de novembro ao mediodía.
Carballeira de Castro Ribeiras de Lea.
19 Oct 2017

Ata dez establecementos hostaleiros de Castro participan nas xornadas de degustación 'Castronomía de Outono' que se desenvolverán entre o venres 3 e o domingo 5 de novembro ao mediodía.

A proposta pretende, ademais de dinamizar a localidade durante a fin de semana, dar a coñecer os produtos das empresas da vila en sinal de agradecemento pola súa implantación na zona e, polo tanto, pola xeración de emprego para os veciños e veciñas. De feito, Carmen Pernas -do restaurante Cóndor- considera que unhas empresas depende doutras "directa ou indirectamente".

O propio restaurante Cóndor, Río Lea, Chus, Carballeira, Suso, a pastelería Améndoa, Sagitario, o café bar Paco, o pub Folgar e o Puente ofrecerán tapas elaboradas con algún dos queixos de Quescrem ou Leitigal e mexillóns de Vitalmar. Ademais, tres deles empregarán polo do grupo SADA, tres carne de tenreira e outros tantos de porco procedente de FRILEA. No caso da pastelería, "non procede impoñer o uso de carnes". En calquera caso, o prezo da tapa será de 1,50 euros.

A pesar de que supón "un sacrificio e esforzo para o persoal dos establecementos participantes", agardan contar cunha resposta similar á dos concursos de tapas que a localidade ten celebrado con moi boas críticas dende a Asociación de Hostaleiros de Lugo.

A modo de obsequio, entre os participantes sortearanse vales de compra ou produtos cedidos por establecementos colaboradores da propia vila de Castro Ribeiras de Lea.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.064800024032593