Demetrio Salgueiro, José María Fernández e Clemente Iglesias representarán ao PP na Deputación
Os concelleiros populares dos concellos do partido xudicial de Mondoñedo elixiron como deputados provinciais por esta demarcación a Demetrio Salgueiro (alcalde de Xove), José María Fernández (portavoz popular en Trabada) e Clemente Iglesias (alcalde de Riotorto). Nesta demarcación, o PP conseguiu 90 concelleiros, o PSOE 66 e o BNG 36.
O Pleno de constitución da nova Corporación provincial saída das eleccións municipais do 28M xunto coa elección de presidente da institución e a súa toma de posesión celebrarase o venres 30 de xuño, ás 12.00 horas, no Salón de Plenos da Deputación. Previamente, o próximo martes 27 de xuño, a partir das 13.30 horas, terán lugar as derradeiras reunións deste mandato da Xunta de Goberno, das comisións informativas de Asuntos do Pleno e de Economía, Recadación e Especial de Contas, e do propio Pleno da Corporación con sesións extraordinarias para aprobar as últimas actas de cada un destes órganos.