Dende o IES Lois Peña Novo implicadas coas persoas con discapacidade
O IES Lois Peña Novo conmemorará este ano dun xeito especial a xornada do Día Internacional das persoas con discapacidade, que se celebrará o vindeiro día 3 de decembro, coincidindo coa implantación do primeiro curso do ciclo medio de atención a persoas en situación de dependencia no centro.
Baixo a iniciativa dun grupo de persoas deste ciclo, tanto alumnas coma profesorado coa implicación do equipo directivo desenvolverán diversas actividades entre o xoves 30 de novembro e o venres 1 de decembro como mostra de compromiso coa realidade social e profesional.
Así, cara a promoción de actuacións que fagan posible a construcción dun mundo máis inclusivo e igualitario para as persoas con discapacidades eliminando calquera obstáculo e lembrando os dereitos fundamentais de accesibilidade e a inclusión das personas con discapacidades recoñecidos pola Convención sobre los Derechos de las Personas con Discapacidades; propoñen un circuíto de xogos de concienciación social e sensibilización sobre as discapacidades que se desenvolverá nos colexios Manuel Mato Vizoso e Antonio Ínsua Bermúdez de Vilalba.
Serán actividades lúdicas coas que experimentar na propia pel os problemas cos que se atopan as persoas con discapacidades no día a día co obxectivo de tomar conciencia sobre as barreiras que aínda existen na sociedade.
Estas actividades concretas estarán acompañadas dunha campaña de sensibilización e concienciación colectiva en soporte gráfico e simbólico que se desenvolverán nos centros en forma de cartelería e pulseiras que recollerán as ideas de "todas e todos encaixamos" ou "todas e todas somos únic@s".
Ademais, as alumnas do ciclo medio teñen elaborado para a súa distribución unha "Guía de Asociacións de Discapacidade da provincia de Lugo" que recolle asociacións e empresas do sector servizoz que traballan no ámbito da discapacidade na provincia.
Visita a Castro
Recentemente, as alumnas do CM de Atención a Persoas en situación de dependencia visitaban a Residencia de Parálise Cerebral e Dano Cerebral de Castro Ribeiras de Lea (Lugo).