Denuncian ao alcalde de Abadín por pedir o voto na xornada de reflexión
TerraChaXa
A candidatura socialista de Abadín denunciou ao alcalde e candidato do Partido Popular, José María López Rancaño, por pedir o voto hoxe
27 Maio 2023
Veciños de Abadín e a propia candidatura socialista, tal e como esta indica, tiveron coñecemento e localizaron ó alcalde e candidato do Partido Popular, José María López Rancaño, pedindo o voto neste sábado, xornada de reflexión.
Por tales feitos, o candidato socialista á Alcaldía da localidade, Pablo Díaz, presentou esta mesma maña unha denuncia ante a Garda Civil e o partido trasladou á Xunta Electoral de Zona de Mondoñedo estes supostos, que van en contra da Lei que regula o proceso electoral.