Deportistas de Vilalba recibirán axudas do Concello
O Concello de Vilalba fará entrega este venres, 9 de febreiro, ás 17:30h na na Casa da Cultura, dos Premios a Deportistas Destacados 16/17. Entregaráselles un cheque polo valor do premio conseguido. O Concelleiro de Deportes, Julio Vázquez Otero, será o encargado da entrega.
O Concello de Vilalba concede todos os anos un premio económica aos deportistas do concello máis destacados coa finalidade de axudalos na súa carreira. Este ano solicitaron estes premios dez deportistas, dos que foron seleccionados seis.
Os premios corresponderon a Carlos Yobani García Sarita, Yago López Fernández, Roberto Díaz Orosa, Uxía Rodríguez García, Ramón Monasterio Portela e Samuel García Miragaya.
Agás a rapaza, cuia disciplina é o taekwondo, o resto dos mozos son de loita olímpica. As contías que recibirán oscilan entre os mile e o cen euros.