Deputación, Concello de Xermade e UdC deseñan unha residencia sustentable para maiores en Roupar

TerraChaXa
A Xunta de Goberno aprobou o protocolo de colaboración entre a Deputación de Lugo, Concello de Xermade e Universidade da Coruña (UdC) para o deseño dunha residencia sustentable para maiores en Roupar.
28 Maio 2019

Esta colaboración faise coa UdC ao contar con Facultade de Arquitectura. Estes profesionais encárganse da elaboración do anteproxecto dunha edificación sustentable (que se abasteza de enerxía renovable ou se constrúa con materiais como a madeira...), que é pioneira no rural galego.

O Concello está a avanzar na adquisición dun espazo de 9.000 metros cadrados en Roupar para a construción desta dotación social. A súa previsión é ofrecer 10 vivendas tuteladas a uns 30 maiores do municipio. A Deputación colaborará economicamente.

0.076617956161499