Deputación e Concello de Lourenzá melloran con 127.000 euros 5 vías municipais

TerraChaXa | AMariñaXa
9 Abr 2019

O Executivo da Deputación aprobou en Xunta de Goberno un convenio de colaboración co Concello de Lourenzá para mellorar con 127.000 euros 5 estradas deste municipio.

A través deste acordo, serán os servizos provinciais os que iniciarán a contratación destes traballos, que poderán comezar, previsiblemente, nun prazo de un mes. Deste xeito, a Deputación cumpre así cunha das súas funcións principais, a de colaborar e prestar apoio aos municipios da provincia.

As obras, que consisten na mellora e reposición do firme dun total de 1,2 quilómetros,  executaranse en: 200 metros da Travesía da Mariña-Avenida Mondoñedo, tamén coñecido como o Cantón, que discorre por diante da praza principal de Lourenzá; 135 metros da Avenida Calvo Sotelo que discorre por diante dun grupo de vivendas sociais e vai cara a costa de A Mariña; 235 metros da rúa Secretario Luís Iglesias - Carlos Peregrín Otero. É a estrada que comunica co recinto da Feira de Mercado Rural Gandeiro; 300 metros do Camiño de Maderne, na zona rural do Norte do Concello de Lourenzá, que dá saída cara á localidade de A Cazolga; e 400 metros  no núcleo rural de Veiga de Santo Adrao, na zona Sur do municipio e que da servizo a Parroquia de Santo Adrao. 

0.16138887405396