Deputación e Concello de Rábade poñen en marcha a edición número 25 do Máster de Futbolín
TerraChaXa
A Deputación Provincial de Lugo acolleu a sinatura do convenio que porá en macha unha nova edición do Máster de Futbolín de Rábade, que celebrará no 2022 o 25 aniversario da súa creación.
10 Nov 2019
A Deputación Provincial de Lugo acolleu a sinatura do convenio que porá en macha unha nova edición do Máster de Futbolín de Rábade, que celebrará no 2022 o 25 aniversario da súa creación.
O obxectivo da asociación organizadora con esta firma é "dar un gran salto de calidade e uns premios acorde ao evento".
O convenio firmouse entre a entidade provincial, o Concello e a Asociación Cultural e Deportiva de futbolín Bola Meiga, encargada da organización ano tras ano. Por parte da primeira estivo a deputada provincial de Medio Rural, Mar e Mocidade, Mónica Freire Rancaño; polo concello o teniente de Alcalde e concelleiro de deportes, Alejandro Martínez Campos, xunto ao presidente da asociación Bola Meiga, Lolo Candal.