Deputados do PP poñen en relevo en Riotorto as necesidades da provincia de Lugo

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O mal estado das vías ou a falta de apoio para a creación de emprego e asentamento de poboación son algunhas das queixas
reunion-deputados-pp-riotorto
Os deputados do PP na reunión de Riotorto
21 May 2024

Os deputados do Partido Popular na Deputación de Lugo trasladaron á comarca de Meira unha das reunións que realizan de xeito periódico polas distintas zonas da provincia. Nesta ocasión, visitaron Riotorto para poñer en valor este territorio entre A Mariña interior, a Terra Chá e a montaña; ademais de coñecer máis de preto as necesidades dos veciños e veciñas co obxectivo de trasladalas ante o goberno provincial. “É fundamental estar a carón dos lucenses”, subliñan os populares.

O portavoz, Antonio Ameijide, subliña que “o Partido Popular é o partido maioritario na corporación provincial, ademais de ser o que máis se parece aos lucenses”. Nese sentido, “seguiremos dando traslado das necesidades, suxestións ou queixas dos veciños e veciñas da provincia ante as distintas administracións e, no noso caso, ante a Deputación de Lugo”.

Un dos motivos polos que os veciños e veciñas trasladan as súas queixas é o mal estado da rede viaria provincial que dificulta o desenvolvemento da vida diaria dos lucenses e tamén lastra o desenvolvemento do territorio. Pero a isto hai que sumar “a absoluta falta de interese do goberno de Tomé, PSOE e BNG por impulsar solo industrial no que asentar empresas coas que crear postos de traballo. Socialistas e nacionalistas néganlle á provincia a posibilidade de desenvolverse e asentar poboación”.

Un claro exemplo é o polígono de Riotorto. "O Concello e a extinta Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (SUPLUSA) tiñan asinado un convenio para a súa creación e, despois do traballo de anos por parte do Concello que ten aprobado o proxecto de urbanización dende novembro do 2019, o goberno provincial négase a apoialo para facer realidade a creación de solo industrial no municipio", din.

“Tomé rexeitou claramente apoiar este polígono” segundo se desprende da carta dirixida ao alcalde en novembro do 2019 propoñendo que o Concello dirixira os fondos do Plan Único – agora Plan Deputación- para esta finalidade; o que suporía unha clara discriminación ao municipio que non podería levar a cabo ningún outro tipo de actuacións para as que está dirixido este plan”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17507481575012