Deron comezo en Rábade as obras no paso a nivel da avenida de Vilalba
Deron comezo en Rábade as obras de reparación do paso a nivel da Avenida de Vilalba, estrada LU-107 que vai acometer ADIF. Polo momento, non está previsto que se corte a estrada, senón que se actuará nun carril e despois noutro, dando en todo momento paso alternativo ao tráfico a través de semáforos.
As obras consisten nunha mellora da accesibilidade, polo que se fará un picado e retirada do formigón existente antes e despois do paso a nivel. Posteriormente, farase a vertedura e vibrado de formigón HA-30 reforzado con aceiro para garantir unha continuidade altimétrica sen desniveis entre a estrada e o paso a nivel.
Na actualidade atópase deteriorada a parte que une a avenida de Vilalba coa propia vía, o que dificulta o paso dos coches. Estímase que os traballos teñan unha duración de entre 4 e 5 días.