Deron inicio os traballos previos para a construcción da nova residencia e centro de día da Pastoriza

TerraChaXa
Este centro disporá de 56 prazas, 40 de centro de día e 16 residenciais
obras-residencia-maiores-pastoriz
10 Sep 2025

A empresa Canilesa comezou os traballos previos para a execución do proxecto de construción dunha residencia e centro de día na Pastoriza.

Estes traballos consisten no estudo xeotécnico do subsolo dunha obra na que colaboran Xunta e Concello. De feito, o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asinou co alcalde, Darío Cabaneiro, un convenio por importe de 18.000 euros para financiar a redacción do proxecto deste equipamento, que será de titularidade municipal.

Este centro disporá de 56 prazas, 40 de centro de día e 16 residenciais. A colaboración da Administración autonómica responde ao compromiso asumido pola Consellería de Política Social e Igualdade co alcalde, cando este presentou o proxecto en novembro do ano pasado.

⚙ Configurar cookies
0.16386890411377