Descende a presenza da covid-19 na provincia

TerraChaXa | AMariñaXa
Descende a presenza da covid-19 na provincia. Lugo sumou 71 novos positivos por covid nas últimas 24 horas, 9 máis que o domingo
mareagalegistavilalba
16 Nov 2020

A área sanitaria de Lugo sumou 71 novos positivos por covid nas últimas 24 horas, nove máis que o domingo no que parece outro respiro ante os máis de cen rexistrados o pasado sábado. Desde xeito son 1.042 os casos activos, 20 menos que os contabilizados o domingo e esto foi debido a que se deron 89 altas, co xa son 4.275 as persoas que superaron a enfermidade.

O que volve aumentar é a cifra de persoas hospitalizadas na provincia con dous máis ata os 59. Cinco delas están na UCI do Hospital Lucus Augusti (unha menos) e o resto permanecen ingresadas en planta. 35 están en Lugo, 13 na Mariña (13) e 6 en Monforte.

Aumenta tamén o número de falecidos ata os 11o trala morte dun home o domingo no Hula.

No mapa de situación vese que a pandemia aumentou a súa presencia na provincia en varios concellos que non estaban en alerta. Os que continúan en vermello seguen a ser Vilalba, Lugo e Sarria, xa que Chantada xa baixou a alerta laranxa e queda xunto a Monforte e Guntín. Boas novas tamén para Viveiro, que deixa esa cor e queda agora en amarelo xunto a Xove, Foz, Burela, Ribadeo, Láncara, O Corgo, Castroverde, Outeiro de Rei e Castro de Rei. A este nivel volven tamén Cervo e Cospeito.

GALICIA

No conxunto da comunidade, os datos deste luns mostran un novo descenso dos novos contaxios, a 442, fronte aos 489 do día anterior. Así as cousas, tamén volven descender as persoas con infección activa. Son 9.110, fronte ás 9.298 contabilizadas o domingo.

O que tamén aumentou foi o número de ingresos. Nas ucis da comunidade hai ingresadas 11 persoas, cinco máis, mentres que os hospitalizados en planta son 500 (+27 máis que o domingo).

A área sanitaria na que se detectaron máis novos positivos é a da Coruña, con 104, os mesmos que o domingo, o que eleva o total de contagios activos a 1.840, que son 20 máis.

En Vigo baixaron a 92 os novos casos, 57 menos, e a 2.361 os contagios activos, 81 menos. En Santiago repítese a cifra con 63 novos casos, co que os casos activos sitúanse en 1.036, cinco menos.

Pontevedra anota 48 novos casos, dous menos, e 1.233 contagios activos, seis menos. Ourense, pola súa banda, contabiliza 36 novos casos, tres menos, e ten 812 pacientes con infección activa, trece menos. Por último, Ferrol ten 28 novos casos, seis máis, e 786 contagios activos, 55 menos.

En total hai 38 municipios en alerta vermella pola incidencia acumulada de contaxios, catro máis que o domingo.

Nas últimas 24 horas superaron o coronavirus 625 persoas en Galicia, o que eleva a cifra acumulada desde o estalido da pandemia a 35.628 altas. Faleceron 1.069 persoas, incluídas as sete notificadas este domingo.

0.18708801269531