Descontos de ata un 70% no Black Friday en Vilalba
TerraChaXa
O último venres de novembro é día de compras en Vilalba.
6 Nov 2017
O último venres de novembro é día de compras en Vilalba. A pesar de ser un costume foráneo, co impulso do Concello e a Asociación de Empresarios Sete Pontes, os establecementos comerciais vilalbeses aproveitan para celebrar esta campaña de rebaixas previas ás de Nadal.
Así pois, este ano o venres 24 de novembro o 75% do comercio ofrece descontos de entre o 20 e o 70% nalgúns artigos de zapataría, textil, xoiaría, agasallos, ferretería, electrodomésticos, etc.
A iniciativa que pretende "fomentar as compras no comercio local" desenvolverase en horario comercial.