Descontos no comercio guitiricense do 17 ao 18 de novembro

TerraChaXa
O comercio guitiricense únese ao "Black Friday" nunha campaña de promoción das compras no comercio local coa que colabora o Concello.
16 Nov 2017

O comercio guitiricense únese ao "Black Friday" nunha campaña de promoción das compras no comercio local coa que colabora o Concello.

Deste xeito, convidan a "adiantar as compras de Nadal" para este venres 17 en horario de dez da mañá a dúas do mediodía e dende as catro e media ás oito e media da tarde e o sábado 18 de novembro tamén en horario de mañá.

Os clientes veranse beneficiados de descontos do 10 ao 50% en artigos seleccionados.

0.091218948364258