Destacado papel do Ría de Foz no Campionato Provincial de Campo a través
No concello de Vilalba celebrouse a final provincial de Campo a través en idade escolar. Os máis de corenta atletas, que compuñan a expedición do Ría de Foz, realizaron un destacado papel neste campionato, que o colocan como o Club da comarca da Mariña que máis atletas clasificou para o Campionato Galego e o segundo club da provincia máis laureado. De feito, o Club subiu ao podio en todas as categorías nas que participaba.
Os resultados máis destacados dos atletas e dos equipos foron:
CATEGORÍA BENXAMÍN FEMININA
3º posto individual de AMINA BOUYZAR
3º Equipo clasificado “Martínez Otero – Ría de Foz” | MEDALLA DE BRONCE
CATEGORÍA BENXAMÍN MASCULINA
1º posto individual de ADRIÁN VILLAPOL
1º Equipo clasificado | MEDALLA DE OURO
CAMPIÓNS PROVINCIAIS!
CATEGORÍA ALEVÍN FEMININA
3º Equipo clasificado | MEDALLA DE BRONCE
CATEGORÍA ALEVÍN MASCULINA
2º posto individual de NICOLÁS MÉNDEZ
1º Equipo clasificado “Martínez Otero – Ría de Foz” | MEDALLA DE OURO
CAMPIÓNS PROVINCIAIS
CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO GALEGO
CATEGORÍA INFANTIL FEMININA
2º Equipo clasificado “Ría de Foz – Martínez Otero” | MEDALLA DE PRATA
CLASIFICADAS PARA O CAMPIONATO GALEGO
CATEGORÍA INFANTIL MASCULINA
3º posto individual de XABI RODRÍGUEZ
2º Equipo clasificado “Ría de Foz – Martínez Otero” | MEDALLA DE PRATA
CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO GALEGO
CATEGORÍA CADETE FEMININA
6° posto individual de HELENA CELADA
CLASIFICADA PARA O CAMPIONATO GALEGO
CATEGORÍA CADETE MASCULINA
3º posto individual de HUSSAM EL KHIARI
CLASIFICADO PARA O CAMPIONATO GALEGO
3º Equipo clasificado | MEDALLA DE BRONCE