Destinados 1,1 millóns a mellorar e modernizar instalacións de servizos sociais de Lugo

TerraChaXa | AMariñaXa
Destinados 1,1 millóns de euros procedentes do superávit autonómico de 2018 a mellorar e modernizar instalacións de servizos sociais da comarca de Lugo.
3 Xuño 2019

Destinados 1,1 millóns de euros procedentes do superávit autonómico de 2018 a mellorar e modernizar instalacións de servizos sociais da comarca de Lugo. Estas actuacións forman parte do plan de obras da Consellería de Política Social, que ten como finalidade aumentar o confort e benestar das persoas usuarias dos centros públicos de servizos sociais, así como incrementar a eficiencia enerxética dos mesmos.
En total serán 7 os servicios que se beneficiarán deste plan de obras. Ademais dos citados anteriormente, tamén se acometerá unha reforma integral no Centro de Atención a Persoas con Dicapacidade (CAPD) de Sarria; renovaranse as residencias de maiores de Monforte de Lemos, Burela e Viveiro e realizaranse melloras no campamento xuvenil de A Devesa, en Ribadeo. Nesta provincia, o Goberno galego investirá 2,5 millóns de euros ao abeiro deste programa.
No conxunto de Galicia hai proxectadas intervencións  de reforma e modernización en 34 centros de benestar social, por un montante global de 13,7 millóns de euros e que beneficiarán ás máis de 50.000 persoas que son usuarias dos mesmos. A previsión é que as obras comecen neste 2019, aínda que as de maior calado poderían rematarse no próximo 2020.

0.17715787887573