Destinan 330.000 euros ao arranxo de vías municipais en Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
O  Concello destinará un total de 331.410 euros a sufragar dous proxectos para a mellora do estado de conservación de varias vías
Casa_Concello_Castro_de_Rei
12 Xuño 2021

O  Concello destinará un total de 331.410 euros a sufragar dous proxectos para a mellora do estado de conservación de varias vías de titularidade municipal nas parroquias.

A maior parte deste investimento corresponde ás obras de rexeneración de accesos aos núcleos de  Triabá, Quintela, Bazar,  Bendia,  Azúmara e Ribeiras de Lea, cuxo procedemento de licitación xa está aberto cun prezo de adxudicación de 256.900 euros.

Esta intervención finánciase con cargo ao plan único da Deputación, que achegará 253.829,38 euros, mentres que o resto, 17.281,50 euros, estará a cargo do Concello. Realizaranse labores de limpeza de cunetas, acondicionamento, rexeneración, pavimentación, sinalización e mellora da drenaxe.

Actuarase na estrada que vai desde a  LU- P-1104 ata o límite municipal en  Bardián, pasando pola igrexa de Bazar, un trazado de case tres quilómetros; na Rúa do Castro de Castro de Ribeiras de Lea; catro viarios en Triabá; e os accesos ás vivendas de  Bardián, ao barrio de O Castrillón e  Reguntille. Ademais, un acceso en Quintela e outro en Cornide acondicionaranse, pero sen pavimentar.

O obxectivo destes traballos é rexenerar varias vías públicas  moi deterioradas pola  súa  antigüidade, uso e  as inclemencias  meteorolóxicas

0.19131898880005