Detida unha rumana por furtos a discapacitados en Vilalba

TerraChaXa
A Garda Civil detivo o pasado día 21 a unha súbdita rumana como suposta autora dun delito continuado de furto, cometido entre os meses de xaneiro e febreiro na localidade de Vilalba.
24 Feb 2019

A Garda Civil detivo o pasado día 21 a unha súbdita rumana como suposta autora dun delito continuado de furto, cometido entre os meses de xaneiro e febreiro na localidade de Vilalba.

No operativo policial constátase que a presunta autora desprazábase polas mañás dende o seu domicilio ata a localidade de Vilalba coa finalidade de cometer os presuntos furtos, abordando ás súas vítimas na rúa coa escusa de pedir esmola para posteriormente subtraerlles diversas cantidades de diñeiro.

Os elixidos son persoas maiores, algúns con problemas de mobilidade, e así poder cometer os delitos con maior facilidade. A persoa detida foi posta a disposición do Xulgado de Instrución uno de Vilalba. A investigación segue aberta non descartando que haxa máis vítimas afectadas.

0.16625499725342