Detido en Guitiriz por simular un roubo tras cometer un delito
A Garda Civil imputa en calidade de investigado na localidade de Guitiriz a un veciño desta mesma vila de 45 anos de idade como suposto autor dun delito de simulación de delito e denuncia falsa.
Os feitos ocorren tras denunciar a persoa investigada a sustracción dunha furgoneta, propiedade dun familiar, manifestando que a deixou estacionada nunha rúa da localidade lucense de Guitiriz o pasado día 9 de febreiro, e cando foi recollela horas máis tarde non se atopaba a mesma no lugar que a deixou.
Trala investigación, comprobouse que dito vehículo está implicado ese mesmo día nun accidente de circulación cun terceiro e os ocupantes da furgoneta, supuestamente subtraída, déronse á fuga abandonando o lugar.
Froito das pesquisas realizadas polos axentes investigadores procedeuse a investigar ao denunciante polos delitos de simulación de delito e denuncia falsa, sendo posto a disposición do Xulgado de Vilalba.