Detido en Vilalba acusado de provocar un incendio en Outeiro de Rei
A Garda Civil detivo en Vilalba a un veciño de Castro Ribeiras de Lea-Castro de Rei de 45 anos de idade como presunto autor dun delito de incendio forestal supostamente intencionado.
Os feitos tiveron lugar no mes de setembro do pasado ano, cando se produciu un incendio no término municipal de Outeiro de Rei afectando a monte raso e arbolado. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.
ROUBO
A Garda Civil investiga aos supostos autores dun delito de hurto cometido o pasado día 6 nun balneario situado no término municipal de Guitiriz.
Os investigados son catro veciños de Abegondo (A Coruña), tres de 19 anos e un de 18 anos de idade que supostamente hurtaron diverso material informático e outros efectos pendente de valoración pericial. As persoas investigadas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución nº 1 de Vilalba.