Detidos dous veciños de Rábade por ocupar unha vivenda

TerraChaXa
A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous veciños da localidade de Rábade, ambos de 23 anos de idade, como supostos autores dun delito de usurpación dun ben inmueble.
25 Jun 2018

A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous veciños da localidade de Rábade, ambos de 23 anos de idade, como supostos autores dun delito de usurpación dun ben inmueble.

Os presuntos autores ocuparon no mes de abril unha vivenda situada na localidade de Rçabade sen autorización dos seus lexítimos propietarios. A citada vivenda atopábase deshabitada e non cumpría os requisitos mínimos de habitabilidade esixidos legalmente.

As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.

Por outra banda, a Garda Civil deitvo a outros tres veciños de Lugo como supostos autores dun delito de roubo con forza nas cousas ocorrido o pasado mes de maio nunha nave situada no polígono industrial de Rabade (Lugo).

As persoas detidas supostamente fracturaron o candado dun portalón e subtraíron material metálico diverso valorado en 12.000 euros.

As persoas detidas foron postas a disposición xudicial.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17389893531799