Detidos os membros dunha banda de Cataluña que roubou en Guitiriz

TerraChaXa
A Garda Civil, no marco da operación Infantería, detivo nas localidades de Sabadell e San Andreu da Barca a F.
4 Apr 2018

A Garda Civil, no marco da operación Infantería, detivo nas localidades de Sabadell e San Andreu da Barca a F.B.J., e M.G.I., ambos de 53 anos e veciños de Sabadell (Barcelona) e a F.B.G. e I.C.F., ambos de 35 anos de idade e veciños de Terrassa (Barcelona) como supostos autores de cometer delitos de furto en establecementos públicos ao longo da xeografía española, especializándose en xoierías.

Con esta operación policial desarticúlase unha banda criminal con carácter itinerante, na que se esclarecen cinco delitos de hurto, un deles nunha libraría en Guitiriz. Tamén están acusados de substracción nunha boutique en Tudela (Navarra) e en xoierías de Benavente (Zamora),  Fraga (Huesca) e Archena (Murcia), cun montante superior a 34.000 euros.

O modus operandi utilizado por esta banda era a realización de furtos mediante o engano e facendo uso do descoido dos empregados e propietarios dos establecementos.

Os detidos foron postos a disposición dos xogados de Martorrel e Sabadell.

0.16064214706421