Dez arenais da Mariña entran na Rede de Praias sen fume
Dez novos arenais entran a formar parte da Rede de Praias sen Fume, nas que está prohibido o consumo de tabaco como unha forma de respecto a todos os usuarios.
Dende que se puxo en marcha esta iniciativa, en 2012, xa son máis de 79 os arenais con esta restricción, o que supón o 16% das zonas de baño censadas na comunidade.
Agora as praias incluídas neste listado son Coto, en Barreiros; O Torno, en Cervo; A Rapadoira, en Foz; Caolín, Vidreiro, Xilloi e Abrela, no Vicedo; Esteiro en Ribadeo, e Esteiro de Xove. Ademais incluiuse tamén a praia fluvial Río Tronceda-Coto da Recadeira en Mondoñedo.
Baiona, Corcubión e Rianxo contan coa acreditación de ouro, que é o máximo nivel ao que se pode optar, ao declarar todas as praias dun concello libres de tabaco. Tamén creouse unha rede de portos e agora son catro os adheridos a esta iniciativa: Portosín, Portonovo, Ribadeo e Baiona.
En 2018 puidéronse incorporar tamén 15 contornas fluviales a esta rede. Nin en praias nin en portos sanciónase, pero si que son cada vez máis as persoas que escollen estes espazos.
Galicia é pionera na creación da primeira rede de praias sen fume, sendo "referente na ampliación de espazos ao aire libre non regulados pola normativa vigente" e exemplo para outras comunidades, como Murcia, que solicitou información da implantación en Galicia. Tamén mostraron o seu interese comunidades como Andalucía e Valencia.