Dezanove persoas foron as agraciadas no Mercado de Nadal de Muimenta

TerraChaXa
Repartíronse 19.000 rifas entre todos os clientes nos 23 negocios que participaron nesta edición
entega-premios-nadal-de-muimenta
7 Jan 2026

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, informa de que 19 persoas recibirán os vales premiados no XVII Mercado de Nadal – 2025, onde se repartiron 19.000 rifas entre todos os clientes que tiveron os vinte e tres negocios que participaron nesta edición.

O premio gordo da lotería de Reis recaeu no número 06.703. Polo tanto, as dezanove papeletas que se repartiron, rematadas en 703, son agraciadas, cun vale de 100 euros a cada unha delas.

Os premiados teñen que poñerse en contacto antes do 15 de xaneiro cos negocios que repartiron as papeletas ou cos membros da directiva para facer efectivos os correspondentes vales.

A entrega de premios terá lugar o martes 20 de xaneiro, a partir das 20 horas, no local social que a Asociación de Empresarios de Muimenta dispón na Casa da Cultura da localidade.

Os dezanove premios teñen que invertir antes do mes (a contar dende a súa entrega) nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial de Muimenta. En total, suman 1.900 euros.

Os vales só se poderán facer efectivos unha vez que se produza a súa entrega oficial, nunca antes.

premiados-mercado-nadal-muimenta
⚙ Configurar cookies
0.084519147872925