Dhogs arrasa nos XVI premios Mestre Mateo
A gala dos premios XVI Mestre Mateo, convertiuse nunha festa para Dhogs, a opera prima de Andrés Goteira. O filme do meirense Andrés Goteira arrasou nos premios audiovisuales da Academia Galega, celebrados na Coruña.
A película arrincaba con 17 nominacións, das que obtivo 13 galardóns: mellor longometraxe, guión, dirección, e montaxe. Ademais, a dirección de producción foir para Suso López, dirección de fotografía para Lucía Catoira Pan, música orixinal para Germán Díaz, dirección de arte para Noelia Vilaboa e tamén ao mellor son para David Machado e Javier Pato.
Por outra banda, recoñeceron a interpretación dos actores principais Melania Cruz e Iván Marcos, e dos actores de reparto Marías Costas e Antonio Durán 'Morris', que dixo que no audiovisual hai un oco para o risco e nese oco está Dhogs: "Sodes a semente do futuro", afirmou Morris.
O thriller convertiuse na producción máis votada na historia dos premios galegos, e a gala fixose eco da reivindicación do desequilibrio home-muller no cine, como xa pasou nos premios Goya #Maismulleres, e ademais no photocall apareceron moitos abanos vermellos para denunciar e sensibilizar neste tema ao público do cine galego.
Preme aquí para volver ler a entrevista a Andrés Goteira.