'Dhogs' gaña o místico de ouro da sección de longametraxes do festival Alxeciras Fantástika

TerraChaXa
A película do director Andrés Goteira suma  un novo recoñecemento; xa que 'Dhogs' gaña o místico de ouro da sección de longametraxes do festival Alxeciras Fantástika despois de ser galardoada co premio á mellor longametraxe nos festivais Split de Croacia e Nocturna de Madrid.
Dhogs
20 Nov 2017

A película do director Andrés Goteira suma  un novo recoñecemento; xa que 'Dhogs' gaña o místico de ouro da sección de longametraxes do festival Alxeciras Fantástika despois de ser galardoada co premio á mellor longametraxe nos festivais Split de Croacia e Nocturna de Madrid.

Ademais, ten a honra de ser a primeira película en galego en competir na Sección Oficial do Festival de Sitges. E ten gañada á crítica no seu paso por festivais como Bafici en Buenos Aires, o FrightFest do Londres, o OUFF de Ourense ou Fancine en Málaga.

Coproducida por Gaitafilmes e PixelFilms e coa colaboración da Panificadora Estudos, foi financiada por máis de 300 pequenos investidores a través de micromecenazgo e foi subvencionada por Agadic e a Deputación Provincial de Lugo. Ademais conta cos patrocinios Galipizza, Cervexa Áncora e o Concello de Meira e coa colaboración dos Concellos de Viveiro, A Coruña, Oleiros e a Deputación de Almería, entre outros.

O reparto do filme conta con destacados nomes do audiovisual galego como Antonio Durán "Morris", Miguel de Lira, Carlos Branco, Melania Cruz, Iván Marcos ou María Costas.

Sinopse
Mentres un estraño personaxe cruza as rúas da cidade ao volante dun taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, unha muller que goza dunha última copa, inconsciente do alude de acontecementos que a arroiará nas próximas horas. Unha fugaz aventura cun executivo será o preámbulo cara a unha espiral de violencia sen sentido aparente, obrigándoa a percorrer unha senda de sufrimento fóra do seu control. Dhogs é un reflexo da realidade máis escura. A película retrata aos malos nun mundo perverso de amos e escravos, no que os crimes se suceden ante unha sociedade pasiva, insensible, que todo o permite.

0.16771912574768