Dhogs optaba a 19 nominaciones dos Goya, aínda que non figurará en ningunha
O filme ganador dos Mestre Mateo, Dhogs, do meirego Andrés Goteira, non logrou ningunha nominación malia que a Academia de Cine aceptou 19 candidaturas por esta película.
A ópera prima de Andrés Goteira estaba nomeada para os premios Goya con 19 candidaturas. Mellor película (Gaitafilmes), mellor director novel (Andrés Goteira), mellor guión orixinal (Andrés Goteira), mellor música orixinal (Germán Díaz), mellor canción orixinal (Miro de esguello - Compositores: Suso López), mellor actriz protagonista (Melania Cruz), mellor actor de reparto (Antonio Durán 'Morris', Carlos Blanco, Miguel de Lira), mellor actriz de reparto (María Costas), mellor actor revelación (Iván Marcos), mellor dirección de producción (Suso López), mellor dirección de fotografía (Lucía Catoira Pan), mellor montaxe (Andrés Goteira, Juan Galiñanes), mellor dirección artística (Noelia Vilaboa), mellor deseño de vestuario (María Porto), mellor maquillaxe (Ana Coya) e perruquería, mellor son (Javier Pato, David Machado), e mellores efectos especiais (Manu Viqueira).
Os premios Goya múdanse este ano de Madrid a Sevilla para a súa edición 2019. A 33ª cerimonia dos premios do cine español celebrarase o 2 de febreiro na capital andaluza, segundo confirmaron fontes da Academia. Por segunda vez na súa historia, a gala cambia de cidade, despois de que Barcelona acollese a do ano 2000. Os presentadores da cerimonia serán Andreu Buenafuente e Silvia Abril.