Didac Haro Nuño doa a Abadín un cadro ao óleo da casa consistorial

TerraChaXa
A peza, entregada o 26 de setembro de 2025, xa se atopa exposta nun lugar destacado do Consistorio
nova-obra-concello-de-abadin
28 Sep 2025

O Concello de Abadín anunciou a incorporación dunha nova obra ao seu patrimonio cultural grazas á doazón realizada por Didac Haro Nuño, licenciado e doutor en Belas Artes pola Universidade de Barcelona. Trátase dunha pintura ao óleo que reproduce a Casa do Concello e que pasa a formar parte do fondo artístico municipal.

A peza, entregada o 26 de setembro de 2025, xa se atopa exposta nun lugar destacado da Casa Consistorial, onde poderá ser contemplada pola veciñanza e visitantes. O goberno local destacou a importancia desta doazón, que non só supón un recoñecemento á identidade de Abadín, senón que tamén contribúe a fortalecer o valor do patrimonio cultural compartido.

Dende a administración municipal expresaron o seu agradecemento ao autor pola súa xenerosidade e polo compromiso demostrado coa promoción da arte e da memoria colectiva. Esta achega súmase ao traballo constante por preservar e difundir o que define a comunidade, co obxectivo de seguir construíndo entre todas e todos un legado cultural vivo e en permanente crecemento.

⚙ Configurar cookies
0.10029911994934