Diminúen os casos activos de covid pero sobe a presión na UCI

TerraChaXa | AMariñaXa
O número de casos activos na provincia baixou en 22 e agora xa está situado nos 1.
enmarea
22 Nov 2020

O número de casos activos na provincia baixou en 22 e agora xa está situado nos 1.117 nunha nova xornada que se mantén na liña das anteriores, agás o día no que se detectou o gromo en Vilalba, e rexistra 56 casos novos e 79 altas, o que deixa á provincia con 4.655 persoas que xa superaron a enfermidade. A xornada anterior foran 55 os casos novos detectados pero as altas foron 110.

Tamén se mantén o número de falecidos, establecido en 117 pero recrudécese a situación na UCI do Hula, xa que pasa de ter 5 ingresados a ter 7. Baixa a incidencia nas plantas. Na de Lugo hai cinco menos en planta, 26 mentres que na Mariña continúan sendo 8 e un mái en Monforte, que ten 7 ingresados.

0.18727993965149