Directivos da Festa da Filloa de Muimenta estarán na súa homónima da Baña

TerraChaXa
Fai uns días, a comisión organizadora da XXIX edición da Festa da Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia, composta polos empresarios da vila e coincidente coa da Moexmu, recibiu o convite da Asociación das Filloas da Pedra da Baña (A Coruña) para asistir o vindeiro sábado 15 de febreiro, pola tarde, á XVII edición da Festa da Filloa desta localidade, que se celebrará esa fin de semana.
IMG 20200116 WA0006
27 Xan 2020

Fai uns días, a comisión organizadora da XXIX edición da Festa da Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia, composta polos empresarios da vila e coincidente coa da Moexmu, recibiu o convite da Asociación das Filloas da Pedra da Baña (A Coruña) para asistir o vindeiro sábado 15 de febreiro, pola tarde, á XVII edición da Festa da Filloa desta localidade, que se celebrará esa fin de semana.

Ao longo do ano 2019 tiveron lugar varias xuntanzas entre as organizacións das diferentes Festas da Filloa que se celebran a Galicia. Asimesmo, tanto representantes das organizacións da Filloa de Lestedo como a de A Baña participaron activamente na inauguración da última Festa de Muimenta, celebrada, como sempre o primeiro de maio.

Por iso, dende a comisión da Moexmu aceptouse o convite para participar activamente este ano na Festa da Filloa da Baña, o vindeiro sábado 15 de febreiro, elaborando filloas, nun intercambio que se levará a cabo entre ambas festas.

O programa que se levará a cabo nesa tarde, será unha “foliada filloeira” con grupos de música tradicional da comarca e con degustación das Filloas de Muimenta. Igualmente terá lugar un acto institucional da festa onde, entre outros, participará o coordinador da Moexmu e da Festa da Filloa de Muimenta, José Manuel Rus Rodríguez.

O domingo 16 de febreiro, o recinto onde se leva a cabo a Festa da Baña abrirá ás dez da mañá, con postos de venda de diferentes productos, alumeado do obradoiro de emprego, levarase a cabo un taller de cómo facer unha horta ecolóxica en bancais, un taller de estampación de camisetas, tirolina e recódromo, ademáis de actuacións musicais: os campantes da Baña, a charanga BB+, orquestra Finisterre. O pregón terá lugar a unha do mediodía a cargo de Ramón Castro Gundín, director de “+d1 Compostela”, de Onda Cero. Despois poderase comer lacón con grelos, chourizo, orella, e evidentemente, filloas.

A primeira edición da Festa da Filloa da Baña celebrouse o 21/03/2004, onde xa se utilizaron as pedras de granito. No ano 2007 constituiuse a Asociación Filloas da Pedra, que actualmente conta con 25 socios e máis de cincuenta colaboradores. Habitualmente, celébrase o segundo fin de semana de marzo, anque este ano tivo que adiantar a súa celebración.

Acudirase ao Concello de A Baña, con carteis promocionais da Festa da Filloa de Muimenta e con libros de receitas da Filloa que foran editados pola Moexmu fai uns anos.

0.19114589691162