Distriz e Moreda, en Vilalba, están de festa

TerraChaXa
As localidades vilalbesas de Moreda e Distriz celebran as súas patronais esta fin de semana baixo carpa nos dous casos.
festas moreda portaada
31 Maio 2023

As localidades vilalbesas de Moreda e Distriz celebran as súas patronais esta fin de semana. En Moreda, Lanzáos, están dedicada a San Andrés e darán comezo coa habitual misa solemne ás 13.30 horas. A música correrá ao cargo de Trío Jaque en sesión vermú e verbena e de Acordes só pola noite.

O domingo tamén habera oficio relexioso e rematarán as festas coa actuación de D'Nika ao mediodía.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

En Distriz as festas xa arrancarán o vernes á noite con petiscos grauítos para os veciños e a actuación do dúo Venus a partir das 22.00 horas.

O sábado haberá misa solemne e procesión. A sesión vermú terá como protagonista ao grupo D'Noche, que tamén actuará na verbena xunto ao trío D'Nika.

O domingo, trala misa haberá sesión vermú co dúo Estrellas e así se dará por terminada unha celebración na que o campo da festa contara con carpa.

0.19856691360474