Do soul ao rock de Berta Franklin

TerraChaXa
O grupo vilalbés comezou a súa andaina en 2018 e tiñan previsto para este tempo o primeiro concerto fóra de Galicia Marcos Vigo de Baamonde, Jesús Iglesias de Vilalba, Juan Castro, Simón Cuba, e César López a cabalo de Vilaba e Lugo forman a banda chairega Berta Franklin.
Primer concierto na Reixa
21 Jun 2020

O grupo vilalbés comezou a súa andaina en 2018 e tiñan previsto para este tempo o primeiro concerto fóra de Galicia

Marcos Vigo de Baamonde, Jesús Iglesias de Vilalba, Juan Castro, Simón Cuba, e César López a cabalo de Vilaba e Lugo forman a banda chairega Berta Franklin.

Comezaron esta viaxe musical Marcos e Jesús a través doutro grupo chamado Postergel e cando xa tiñan un repertorio pequeno decidiron buscar máis xente para un grupo.

A medida que o repertorio foi medrando, fixeron un chamamento a todos os que se quixeran animar, “neste mundo coñecémonos case todos”, di Jesús. Os primeiros en sumarse foron os seus amigos e colegas musicais César e Juan, e tras facer o anuncio engadiron a Simón á banda.

Así, Marcos (voz e guitarra), Simón (batería), Jesús (guitarra), Juan (teclados) e César (baixo) comenzaron a súa viaxe musical en abril do 2018 cun concerto na Reixa en Santiago.

O seu estilo musical foi ao principio soul americano clásico pero “a medida que avanzamos vimos que cambiaba o son un pouco. Unha mistura de funk, rock....”.

O primeiro paso foi ter un nome. “Un nome con garra e que nos definira”, así xurdiu Berta Franklin, o nome dunha muller que foi parte da historia da música simplemente porque matou a tiros ao mellor cantante de soul, a Sam Cooke.

Eles contan cun local de ensaio en Lugo aínda que nos seus inicios estaba en Vilalba, pero polos traballos de todos e a situación xeográfica decidiron mudarse á cidade das murallas. “Ensaiamos normalmente as fins de semana xa que ao traballar todos é complicado”.

Lembran o seu primer concerto na Reixa de Santiago con moitisimo agarimo pero “todos os concertos teñen algo especial e non poderíamos escoller un só”, din. En Vilalba “só tocamos unha vez, foi un domingo de abril despois do FIV nunha sesión vermú no centro sociocultural. Tamén participamos no primeiro Caudal Fest, nos atardeceres do Gaias, etc.”

Concertos interesantes tamén lembran o ano pasado o do Portamérica, “porque gañamos un concurso que organiza un estudio de gravación da Coruña xunto cunha serie de festivais. Foi unha experiencia xenial, con tanta xente e nun festival tan coñecido”.

Contan con tres EP que teñen caracteres diferentes e niso nótanse as súas influencias actuais de Michael Kiwanuka ou Wilco así como as dos clásicos de David Bowie ou Roy Orbison entre outros, “somos grandes melómanos”.

“Temos un pouco de todo, o 80 % son composicións propias con letras en galego e algunha vez facemos versións de grupos que nos gustan”.

Agora co tema do coronavirus están un pouco parados malia seguiren traballando cada un na súa casa. “Temos tempo para compoñer xa que estamos moitas horas na casa e unha vez que se poida retomaremos os ensaios”, afirman.

“Tiñamos concertos e datas pechadas e íamos facer a nosa primeira saída de Galicia a Xaén, pero coa situación actual é difícil”, completan.

sperando en el Caudal Fest

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18163514137268