Doan material de protección a Protección Civil de Vilalba

TerraChaXa | LugoXa
Unha familia de Vilalba, que permanece no anonimato, fixo chegar á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil un lote de material de protección adquirido con dous bonos do Concello do plan Reactiva Vilalba.
portada_letras galegas
24 Nov 2020

Unha familia de Vilalba, que permanece no anonimato, fixo chegar á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil un lote de material de protección adquirido con dous bonos do Concello do plan Reactiva Vilalba.

O material resulta imprescindible para o grupo xa que lles permite "protexernos da covid, traballar seguros e cuidar dos voluntarios e voluntarias da Agrupación". A entidade agradeceu "a sensibilidade destes veciños" e indicou que "se alguén máis quere facer algunha doazón, estaremos encantados de recoller o material onde nolo indique".

A agrupación fixo público unha listaxe das necesidades que teñen e que son máscaras FFP2, xel hidroalcólico, desinfectante de superficies, luvas de nutrilo das tallas XL e XXL e de traballo tipo Hyfles 7- 8 - 9, bolsas para lixo, papel hixiénico e papel para limpeza.

0.20401406288147