Dobre celebración de patronais na Pastoriza dende hoxe
Os lugares de San Cosme de Piñeiro e A Castiñeira de Bretoña, na Pastoriza, celebran as súas patronais dende hoxe.
En San Cosme de Piñeiro as festas están organizadas na honra a San Cosme e San Damián. Arrancarán ás 14.00 horas coa misa e a procesión e, rematarán a xornada matinal cunha sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate.
Pola noite volverá actuar esta orquestra xunto ao dúo Eclipse.
O domingo as celebracións rematarán coa sesión vermú a cargo do trio Élite, que actuará despois da misa.
Estas festas estiveron precedidas dunha comida veciñal que tivo lugar o pasado sábado, día 17.
A organización lembra que o campo da festa contará cunha carpa.
Tamén haberá festa dende hoxe na Castiñeira de Bretoña e na honra tamén de San Cosme e San Damián.
Hoxe o apartado musical estará ao cargo do trío Élite en dobre sesión e o dúo Venus na verbena. O domingo só haberá sesión vermú e estará a cargo de Verónica Cambón. Haberá misa os dous días, o sábado ás 13.00 hroas e o domingo unha hora máis tarde.
O próximo sábado celebrarán unha comida veciñal. Haberá tamén misa ás 13.30 horas con procesión e a verbena contarán co grupo Alba e o dúo Belinda.